|
|
| |
111201 Curso de Coordenadores de Seguranza e Saúde en obras de construcción |
Del 20 de octubre de 2011
al 29 de marzo de 2012 |
|
CANCELADO |
A figura do Coordenador de Seguridade e Saude en Obras de Construcción ven definida no R.D. 1.627/1997 de 24 de outubro, sendo a Lei de Ordenación da Edificación a que, na sua Disposición Adicional Cuarta, estabelece as titulacións profisionais habilitantes para desempeñar dita función. Esta Lei nomea xenéricamente ao grupo de enxeñeiros técnicos e, entre estes, nosa profisión amósase como a máis representativa no exercicio de esta actividade que, dende a promulgación en 1997 do mentado Decreto, ten experimentado un notábel desenvolvimento e na cal áchanse actuando na actualidade numerosos Enxeñeiros
Técnicos Industriais do noso Coléxio.
Neste contexto e, tamén, na vista do vixente Rexistro Oficial de Coordenadores de Seguranza e Saúde en Obras de Construcción de Galicia, no que se precisa posuir unha determinada formación para ingresar nel, COETICOR, aplicando a política colexial de fomento e promoción de medidas tendentes a minimizar a sinistralidade nos campos que nos competen no exercicio da nosa profisión, organiza outra edición deste Curso, contando co respaldo da própia Conselleria de Traballo e Benestar. Para iso, contase cun cadro de profesores especializado para impartir os distintos módulos dos que se compón o curso, até
completar un total de 200 horas. |
101106 Certificación Enexética de Edificios |
| Del 23 al 27 de mayo de 2011, A Coruña |
|
A promoción e divulgación dos principios e tecnoloxías que marcan a Eficiencia Enerxética constitúen nestes últimos anos un dos obxectivos principais dos planos e actividades de formación de COETICOR.
Esta formación vai dirixida singularmente á eficiencia enerxética dos distintos tipos de edificios e, por riba de todo, a nosa capacidade profesional de CERTIFICAR o cumprimento das condicións establecidas nas distintas normas que as regulan, fose a nível estatal ou fose no ámbito autonómico.
Tal como aconteceu en anos anteriores, o CONSELLO GALEGO DE EE.TT.II. ven de concertar un convenio co INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) que, apoiándose en condicións e dotacións económicas conveniadas con o INSTITUTO PARA LA DIVERSIFICACIÓN Y EL AHORRO ECONÓMICO (IDAE), ten como finalidade o desenvolvemento de Cursos integrais de
CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS nas distintas sedes locais da nosa organización
colexial en Galicia.
De tal xeito, abordaranse os criterios que marca a Directiva 2002/91/CE, concretados no Documento DB-HE do R.I.T.E. e demais Decretos e Ordes que afondan na sua aplicación práctica aplicando o software existente para os Métodos Simplificado e Abreviado e, tamén, os programas CALENERVYP e CALENER-GT.
Celebramos a segunda edición do CURSO, nesta volta, na cidade de A CORUÑA. |
101105 Organización Industrial |
21 y 22 de febrero, A Coruña |
|
Con a intençión de adentrarmosnos na forma en cómo podemos mellorar e controlar a produtividade de nosos procesos industriais e administrativos, este curso presentará os conceitos de diversas técnicas de rendimento orientadas a reducir custos e otimizar recursos, aspectos que, depois de implementados en nosos procesos
empresariais, posicionaránnos mellor no mercado.
Asi, mediante a técnica OEE (Overall Equipment Efficiency) -derivada dos sistemas LEAN MANUFACTURING e SEIS SIGMA-, que ven determinada por fatores como disponibilidade, rendimento e cualidade, manexaremos rangos de medición da produtividade que nos facilitaran indicadores que permiten verificar con acerto as taxas de utilidade dos equipos e da maquinaria.
A natureza desta metodoloxía, eminentemente prática, tratando en profundidade os citados sistemas LEAN MANUFACTURING e SEIS SIGMA, achéganos a procedimentos aplicables a empresas de todos os setores e tamaños; daí que COETICOR teña depositado sua confianza en PFSGRUPO para impartir este CURSO DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL con a base destas ferramentas que facilitan de xeito importante nosas tarefas de xestión integral ou parcial dentro das empresas. |
| |
101103 Inglés de negocios |
Comienzo 14 de febrero |
|
ANULADO |
O coñecimento de idiomas constituiu históricamente unha arela que todos tivemos algunha vez na nosa vida.
A relación interpersoal, indefectiblemente, precisa desas ferramentas para achar condicións axeitadas de comunicación entre xentes de países e culturas diferentes.
Mais, no tempo que vivemos atualmente, o idioma inglés tornouse como a língua global que permite o entendimento universal, en un mundo sen fronteiras.
Por causa diso, a Xunta de Goberno de COETICOR, decidiu incorporar este Curso que, alén das competencias básicas, especializarase en nos fornecer de coñecimentos que sexan úteis para o desenvolvimento da nosa profisión, for en negocios, for en tecnoloxias.
Para cumprimentar esa decisión, asinou Convenio con INNOVA IDIOMAS, empresa docente coruñesa que utiliza BINAURALITY, método de aprendizaxe esencialmente fundamentada no proceso cognitivo humano.
A calidade do material e da documentación e o currículo do profesor do Curso, constituen interesantes elementos que converten este Curso nunha mui atractiva proposta dentro das
incluidas nos planos formativos de COETICOR para este período 2010-20111 |
|
|
|