<%option explicit%> <% Dim a,b a=Request.Cookies("AUTORIZADO") If a="SI" Then Dim nombreusuarioconectado nombreusuarioconectado=Request.Cookies("n_usuario") %> numeros901
LUZ VERDE NO CONGRESO Á PROPOSICIÓN DO BNG PARA QUE AS EMPRESAS E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS PUBLICITEN OS TELÉFONOS FIXOS ASOCIADOS AOS 901 E 902
 

Davila denunciou que estes prefixos teñen un maior custe para os usuarios, cando, “tanto os 901 como os 902 están asociados a número fixos”

 

A Coruña , 20 Maio 2010. A Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso aprobou esta tarde por unanimidade, a proposición do BNG para que o Goberno impulse as medidas necesarias para que as empresas e Administracións Públicas publiciten os números de telefonías fixos asociados aos números especiais 901 e 902.

A deputada do BNG posibilitou o acordo ao aceitar transaccionar un texto co grupo popular que non cambiaba a demanda do BNG.

Na súa intervención para defender esta iniciativa parlamentar, a deputada nacionalista puxo de manifesto que “moitas veces os cidadáns se viron obrigados a chamar aos números de teléfonos 900, uns prefixos especiais asociados a números fixos pero que teñen unha tarificación distinta”.

Maior custe para os usuarios

Explicou que “sobre todo, os que comezan polos prefixos 901 e 902 son moi usados polos servizos de atención ao cliente ou usuario, tanto por parte de organismos públicos como de empresas privadas baixo a excusa de que son máis doados de recordar”.

Mais, subliñou, “no caso do prefixo 901 o custe da chamada é compartido entre o que chama e o que recibe a chamada. Nos números 902 o custe é asumido integramente pola persoa que chama”. E aínda que estes números estean asociados a números fixos “quedan fóra das tarifas planas e bonificacións que os usuarios e usuarias de telefonía fixa poidan ter co seu operador”.

Ademáis, engadiu, “hai que ter en conta que aínda que estas empresas e as administracións públicas publican na súa páxina web os números fixos asociados, isto no é o habitual. Sen esquecer que non todo o mundo pode acceder a internet e coñecer así os números fixos”.

 

FUENTE: BNG  

 


| Contacta |Mapa web | Aviso legal | Facebook | Twitter|
<% Else Response.Write("NO AUTORIZADO") End If %>