<%option explicit%> <% Dim a,b a=Request.Cookies("AUTORIZADO") If a="SI" Then Dim nombreusuarioconectado nombreusuarioconectado=Request.Cookies("n_usuario") %> CONCURSO IGC
ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A TRAVÉS DO IGC UN CONCURSO PARA PREMIAR AS MELLORES TESES E INVESTIGACIÓNS VINCUADAS Á DEFENSA DOS INTERESES DOS CONSUMIDORES

A Consellería de Economía e Industria, dentro do seu marco competencial, considera que unha vía fundamental para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e dos seus intereses económicos é o afondamento no coñecemento da realidade da denominada sociedade de consumo

Outorgarase un premio de 3.000 euros e dous accésits de 1.000 euros para cada unha das dúas modalidades de participación


A Coruña, 29 de outubro do 2009.- O Instituto Galego de Consumo (IGC), adscrito á Consellería de Economía e Industria, convocará un concurso para premiar as mellores teses de doutoramento e traballos de investigación en materia de defensa dos dereitos dos consumidores e os seus intereses económicos, presentados no ámbito universitario e dos organismos e entidades de Galicia. A orde da convocatoria sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia.

O IGC e a Consellería de Economía e Industria, dentro do seu marco competencial, consideran que unha vía fundamental para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e dos seus intereses económicos é o afondamento no coñecemento da realidade da denominada sociedade de consumo. Por este motivo, quere potenciar, con carácter de permanencia, a realización de estudos e investigacións en materia de defensa dos consumidores e a súa difusión como documentos de interese para os profesionais que traballan no campo da defensa e protección dos intereses dos consumidores.

Nesta convocatoria, establécense dúas modalidades de participación: por unha banda a de teses de doutoramento, e pola outra a de traballos de investigación. Deste xeito poderán concorrer á convocatoria dos premios anunciados as persoas que lesen e defendesen as súas teses de doutoramento nalgunha das universidades galegas durante os anos 2007, 2008 ou 2009, ou aquelas que desenvolveran traballos ou estudos de investigación na nosa Comunidade Autónoma finalizados no citado período e realizados en organismos e-ou entidades públicas no mesmo período de tempo.

Outorgarase un premio de 3.000 euros e dous accésits de 1.000 euros para cada unha das dúas modalidades de participación. Os traballos que se presenten poderán estar redactados en calquera das dúas linguas oficiais, deberán ser inéditos e valoraránse tendo en conta a innovación sobre os aspectos tratados, a aplicación práctica da investigación realizada na mellora da protección dos dereitos dos consumidores e a defensa dos seus intereses económicos e valorándose o tratamento de temas relacionados co sector servizos ou produtos. O prazo de presentación dos traballos remata o día 30 de novembro.

FUENTE: LA XUNTA DE GALICIA

 

| Contacta |Mapa web | Aviso legal |
<% Else Response.Write("NO AUTORIZADO") End If %>