top of page
materia-viva.jpg

Estimado amigo/a:

O CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) acolle ata o 26 de novembro a exposición Arquivo da Matéria Viva, unha mostra sobre a conexión dos materiais coa natureza que comeza a súa itinerancia en Galicia logo da súa exhibición na localidade portuguesa de Matosinhos con motivo da Porto Design Biennale.

A mostra ademáis convive coa exhibición dos 80 materiais participantes no I Certame de Materiais Innovadores de Galicia, unha iniciativa promovida pola Materioteca de Galicia para contribuír á difusión do esforzo realizado polas empresas e centros de coñecemento galegos na innovación en materiais.

A exposición, que se integra na programación de eventos da Materioteca de Galicia e do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, pode visitarse de martes a venres con entrada libre polas mañás e baixo reserva para grupos de seis persoas como mínimo polas tardes e o luns todo o día.

Esperamos que sea do teu interese

Información e reservas para grupos no 981 337 133 e en infocistd.gain@xunta.gal.

bottom of page