Formación, Cultura y Social

Formación

Estás en Formación, Cultura y Social

CURSOS
COETICOR

Cursos Coeticor 2013/2014

2018/2019   2017/2018   2016/2017   2015/2016    2014/2015   2013/2014   2012/2013   2011/2012   2010/2011   2009/2010

131404 CURSO DESIGNBUILDER
Software Modelización e definición do edificio e suas instalacións

Del 25 al 27 de junio de 2014
DESCARGAR PROGRAMA
 

Nosa intervención profesional no eido daedificación como ENXEÑEIROS TÉCNICOSINDUSTRIAIS ponse de relevo na Lei 38/1999de 5 de novembro, de ORDENAMENTO DAEDIFICACIÓN como proxectistas de edificios e,con especial valor, como autores dadocumentación técnica dos traballoscomplementares das tecnoloxias específicasdos memos.De tal xeito somos técnicos responsabeis dodeseño, execución, mantemento e renovacióndos elementos tecnoloxicos vencellados atodas as edificacións baixo os criterios doCÓDIGO TÉCNICO DA EDIFICACIÓN (R.D.314/2006 de 17 de marzo) e dosregulamentos REBT, RITE, RICT, RSCII, etc youtras normativas oficiais do entorno doaforro e eficiencia enerxética.Sendo as ferramentas informáticas elementosindispensabeis para levar adiante nosotraballo con o maior rigor e eficacia, oSoftware de simulación DesignBuilderoferecenos un potencial que vai alén dosinstrumentos normativos tratándose dunhaferramenta de grande interese para nosaxudar a otimizar os proxectos do ponto devista integral porque abrangue cálculo decárregas, demandas horarias, consumos,emisións, conforto, iluminación, ventilación,cobertas vexetais, análises de vento, CFDinterior; podéndose exportar a LIDER e unlongo etcétera que cada día vaise ampliando.Por iso, à vista dos plantexamentos da Lei8/2013 de 28 de xuño de REHABILITACIÓN,REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS,COETICOR decidiu promover este interesanteCurso que se desenvolverá de xeito intensivoconforme ao programa incorporado.

 

 

131402 CURSO KNX PARTNER
Instalacións de automatización de edificacións

Del 21 al 25 de abril de 2014
DESCARGAR PROGRAMA

 

A demanda de conforto e a funcionalidade na xestión do aire condicionado, iluminación e sistemas de control de accesos está a medrar, ao mesmo tempo que o uso eficiente da enerxía cada vez toma máis conciencia. Maiores comodidades e seguridade vencellados a un menor consumo enerxético só poden ser melloradas con controlo intelixente e a supervisión de todos os produtos involucrados. De calquera xeito isto implica máis cableado, que vaia dende os sensores e actuadores ata as centrais de supervisión e control.
Tales masas de cableado significa un maior esforzo no deseño e na instalación, incrementando o risco potencial de lume, así como disparando os prezos. A resposta é: KNX, único ‘estandar’ aberto mundial para o controlo de casas e edificios. É un sistema independente do fabricante e dos dominios de aplicación, baséandose noutros con máis de 20 anos de experiencia no mercado, como son: EIB, EHS e BatiBUS.
Consiste nun medio de transmisión sobre o que se conectan todos os dispositivos, intercámbiase a comunicación e, de tal xeito, os dispositivos conectados ao bus, tanto sensores coma actuadores, son utilizados para o controlo da xestión de edificios en todas as
aplicacións posibeis: iluminación, persianas, sistemas de seguranza, xestión enerxética, calefacción, sistemas de ventilación e aire condicionado, sistemas de supervisión e canalización, interfaces a servizos e sistemas de controlo de edificios, controlo remoto, medición, audio/video, controlo de bens de gama branca, etc. KNX está aprobado como Estándar Internacional (ISO/IEC 14543-
3), así como Estándar Europeo (CENELEC EN 50090 e CEN EN 13321-1) e Estándar en China (GB/t 20965). KNX é utilizado por os principais fabricantes de tal xeito os produtos KNX feitos por eles poden seren combinados garantindo a interoperabilidade e o "interworking". En resumo, KNX é o único estándar con o que poderemos levar adiante prescripcions axeitadas tanto de inmótica como de domótica. De aí que COETICOR considere interesante a convocatoria de este Curso en cooperación con CONITEC, consultora partner da organización KNX e fondamente coñecedora de esta tecnoloxia de vanguarda e futuro.

 

 

 

 

 

 


 

  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White LinkedIn Icon
  • Pinterest
  • whatsapp_prueba.png
  • White Blogger Icon
  • White RSS Icon
  • White YouTube Icon
  • White Instagram Icon
  • White Flickr Icon